musicas.mus.br

Letras de músicas - letra de música - letra da música - letras e cifras - letras traduzidas - letra traduzida - lyrics - paroles - lyric - canciones - MEMORIA DA NOITE - LUAR NA LUBRE - música e letra

Utilize o abecedário abaixo para abrir as páginas de letras dos artistas

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

Memoria da Noite letra


Madrugada, o porto adormeceu, amor
A lúa abanea sobre as ondas
Piso espellos antes de que saia o sol
Na noite gardei a túa memoria

Perderei outra vez a vida
Cando rompa a luz nos cons
Perderei o día que aprendín a bicar
Palabras dos teus ollos sobre o mar
Perderei o día que aprendín a bicar
Palabras dos teus ollos sobre o mar

Veu o loito antes de vir o rumor
Levouno a marea baixo a sombra
Barcos negros sulcan a mañá sen voz
As redes baleiras, sen gaivotas

E dirán, contarán mentiras
Para ofrecerllas ao patrón
Quererán pechar cunhas moedas, quizais
Os teus ollos abertos sobre o mar
Quererán pechar cunhas moedas, quizais
Os teus ollos abertos sobre o mar

Madrugada, o porto despertou, amor
O reloxo do bar quedou varado
Na costeira muda da desolación
Non imos esquecer, nin perdoalo

Volverei, volverei á vida
Cando rompa a luz nos cons
Porque nós arrancamos todo o orgullo do mar
Non nos afundiremos nunca máis
Que na túa memoria xa non hai volta atrás
Non nos humillaredes nunca máis

Luar na Lubre - Letras

top 30 músicas

©2003 - 2024 - musicas.mus.br